domingo, 15 de decembro de 2013

Seguimos cos padriños e madriñas lectoras. Todos os días durante 15 minutos uns cursos van lendo a outros e disfrutamos de momentos moi agarimosos entre contos, historias, imaxes, ...Gracias por facernos compartir dende a imaxinación un momento tan fantástico.



PADRIÑOS LECTORES

Esta semana estivemos disfrutando dos padriños lectores. Os maiores leron cos peques e compartiron lecturas moi  agarimosas dos contos que selecionaron para ler. Os peques estaban moi atentos...e mesmo eles despois se atreveron a facelo a inversa. gracias padriños e madriñas por amosarnos que ler é pasalo en grande.

domingo, 8 de decembro de 2013

10 de decembro- Día Internacional dos Dereitos Humanos

ADIOS A UN GRANDE DE LA HUMANIDAD

Aquí deixamos algúns recursos sobre os Dereitos Humanos.


Una guía didáctica para
trabajar  en el aula
los derechos humanos

http://www.laureanobenitez.com/derechos_humanos_actividades_ampliacion.htm



http://web.educastur.princast.es/cpr/gijon/recursos/GuiaDerechosHumanos.pdf


CANCIÓN DOS DEREITOS HUMANOS


SOBREVIVIENDO


CANCIÓN DE NAVIDAD SILVIO RODRÍGUEZ




E PAULINO TROUXO AS MOCHILAS !


E non daba chegado o día ! pero Paulino, coma sempre moi traballador, fixo deste xoves 5 de decembro un día moi especial, cheo de ilusión, ...e agasallounos cun regalo fermosísimo para compartir en familia...A mochila viaxeira! para 3 anos, 4 anos, 5 anos, 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º. Que non se vos esqueza disfrutar, aprender, soñar, compartir, reir, inventar, contar, debuxar, cantar, escoitar,...e máis e máis. Xa nos contaredes ! A mochila estará nas vosas casas dúas semanas, e logo voltará a escola. Coidade ben dela e abride os olliños á fantasía !

Bicos cheos  de palabras.

PAULINO