CLUBES DE LECTURA

Clubes de lectura 2º trimestre 





BLOG DE ABRAHAN CARREIRO






OS ESTUDIOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS
Xarope de lambetadas, bolas de sésamo, un anaco da capa de Superman, un guecho de pelo de Pitufiña e o máis importante: cerebro de neno ou de nena.
Estes son os ingredientes que compoñen a fórmula secreta da imaxinación. Unha beberaxe fundamental para poder facer as mellores películas de debuxos.
Un premio nunha bolsa de patacas somerxe a Nuno e Marabilla nunha trepidante e misteriosa viaxe polo descoñecido universo dos debuxos animados. Os dous protagonistas coñecerán personaxes extraordinarios como o monstruoso Golo, a supernena troglodita Lume, o invisible Radón ou o malvado Escornabois.
Nuno ten oito anos e pasa as tardes vendo películas de debuxos na tele. Ten o cuarto cheo de bonecos e as paredes ateigadas de pósters dos seus personaxes preferidos. Encántalle xogar a facer de superheroe. Moitas veces disfrázase de Batman e viste de Robin o seu can. É a súa mascota. Un sabuxo cheirón. Chámase Marabilla. Acompáñao a todos os sitios. A Marabilla tamén lle gusta ver a tele, pero goza máis rillando nun óso de diplodoco xigante que lle regalaron no museo de historia natural da vila.

A historia consta de oito capítulos. Entre cada un haberá unha páxina de descanso, chamada Intermedio. Cada unha destas páxinas levará un xogo diferente, relacionado coa animación e cos personaxes dos Estudios Tex.


 
WEB DE XOELIKI

COMO SE FIXO O LIBRO ?




Organizada en doce capítulos a xeito de entradas textuais ou posts da web, preséntase a aventura de Xoeliki, un rapaz de once anos que un bo día se encontra con que non pode entrar no Royal Fantasy, o seu xogo en rede preferido. No colexio, o director informa que os ordenadores da aula de informática están infectados polo virus capitangarfo.exe, seguramente porque algúns alumnos entraron en xogos da rede, cousa que está prohibida. Xoeliki queda preocupado por se descobre que el é un dos que xogara.
Ese día vai ser para el unha aventura, que comeza cando ten que ir só pola cidade porque a súa nai por razóns laborais non pode ir a buscalo ao colexio. No camiño, ten un encontro cun skáter provocador, do que o salva o irmán da compañeira Ari. Na casa, o carteiro entrégalle un misterioso paquete cun móbil táctil, no que recibe un sms citándoo no bar da esquina. Alí encóntrase cun vello amigo do seu pai, Maverick, que foi quen lle enviou o magicphone, un teléfono especial feito polos enxeñeiros de Resistencia Pirata, organización clandestina que loita contra os virus e para que internet sexa libre e segura. O seu pai, morto hai catro anos, xa formaba parte dela e agora necesitan a Xoel porque están infectados millóns de ordenadores por culpa do poderoso Mr. Virus, que quere que os nenos crezan sen internet.
Para iso, vai á clandestina Escola Pirata, onde encontra a Ari, que está a deseñar unha rede social aberta e libre para que calquera poida chegar a ser un ciberpirata. Tamén a Zero, envexosa de que el sexa o que máis puntuación ten no Royal Fantasy, cando non sabe nada de informática. Fai falta actuar con urxencia porque, segundo informa na tele o Presidente de Todas las Naciones del Mundo, hai máis de seis millóns de ordenadores infectados e o virus activarase a partir da media noite. Xa só resta unha hora. De non encontrar antes un antídoto contra o troiano, como di tamén o presidente da Asociación por unha Rede Limpa, que resulta ser o director do colexio, se instalará o antivirus da empresa ST, que pretende en realidade limitar o acceso á rede dos nenos e nenas.Para atallalo, en todo o mundo están a traballar nenos e nenas noutras escolas piratas. Centos deles reúnense nunha sala para falar do asunto: é un troiano moi complexo pois ten o código cifrado, que se difende a través do xogo.
Ausente Aria, el aproveita para chatear con Estrella, que coñeceu no Facebook e vive lonxe; nunca subiu foto pero nese momento ela póñenlle a webcam e vense; mesmo se tiran un bico (é o primeiro que lle dan a el): é a súa cibernoiva. Logo, vai para o portátil de Ari e furga nel e na tecla Scroll Lock. Mais non ve nada porque está a hibernar. Cando a amiga volve está o password do virus no ordenador, nunha fase do Royal Fantasy. Todos celebran o achado de Xoel e deseguida preparan un antivirus alternativo ao de ST. Esta vez a Resistencia Pirata gañou a batalla e os plans de Mr. Virus de implantar un control que restrinxise a liberdade dos nenos e nenas na Internet fracasaron.
Marcha, entón, rapidamente para casa, pois é case media noite. Pedíndolle a chave á veciña entra e faise o durmido cando chega a nai, que di que demostrou ser maior e que lle comprará un teléfono móbil. Foi, en fin, un día que recordará sempre.

A edición inclúe un glosario de termos e referencias á web do libro.






Hoxe23 de xaneiro, reunímonos na biblioteca para descubrir o que son os clubes de lectura. Onte apareceu nas clases de 3º, 4º, 5º e 6º unhas invitacións para que hoxe estiveramos na biblioteca despois de comer.
Paulino envióunolas para animarnos a participar nos clubes. Un día á semana cada curso durante 15 minutos participará opinando sobre o libro proposto para a lectura. Estamos consesuando as normas de participación no clube e tamén propostas a facer con todos os membros. Estamos moi motivados...así que ...xa estamos no clube de lectura!

Gracias Paulino !

Ningún comentario:

Publicar un comentario