domingo, 18 de maio de 2014


DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Documental 'Nimbos de poesía'

Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor endagido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.



En homenaxe ao noso poeta, celebramos  as Letras Galegas da man de Xosé María Díaz Castro, ...e como  dende Nimbos achegámonos aos seus poemas, á súa vida... a influencia de Aquilino Iglesia Alvariño para que escribise en galego.

E dende os tempos felices, das ilusións, como dice Xosé María, descubrindo a grandeza das cousas pequenas como manifesta no poema "Esmeralda" ...Herba pequerrechina... disfrutamos das sombras xogando cos  ollos, deixamos os Nimbos coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo  dalgún sono...as súas palabras.
E nos xogos, nas verbas, nos sorrisos, nos puntos para a tómbola ...tamén te atopamos.


domingo, 11 de maio de 2014


SEMANA DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Xosé María Díaz Castro

LIM para achegar á figura do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.



ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL








ACTIVIDADES PARA 1º CICLO





ACTIVIDADES PARA 2º CICLO







ACTIVIDADES PARA 3º CICLO





LIM REALIZADO POR CEIP PLURILINGÜE DE SAN XOAN DE FILGUEIRA CON ACTIVIDADES PARA TODOS LOS CICLOS

ACTIVIDADES LIM PARA TODOS LOS CICLOS







PASAPALABRA SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


PASAPALABRA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO









VIDEO SOBRE A VIDA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO









OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE - Manolo Ledo


O pasado 6 de maio  estivo no cole Manolo Ledo que achegounos  a arte ruprestre a través da pintura empregando diferentes tipos de pigmentos, coa técnica do soplado; aos petróglifos, ás súas expresións, manifestacións, ao descubrimento do lume, as ferramentas, a talla de bifaces,... este obradoiro fortalece o traballo desenvolto como proxecto de centro ao longo deste curso escolar: A arte rupestre e a súa contextualización na prehistoria.


domingo, 4 de maio de 2014


MARATÓN DE CONTOS

O pasado 30 de abril chegou a Barrantes o Maratón de Contos e os Contos de Noite para quen escoite.O Maratón de contos celebrouse durante toda a xornada escolar e os contos de noite dende as 21:00 ata ás 12:00 da noite.
Os contos, as historias, os monicreques, as representacións, e Filosofía inundaron a nosa biblioteca enchéndoa de sorrisos e bos momentos. A ilusión por contar, por escoitar estaba entre nós... que nunca se vaia! Gracias aos nosos peques que son os máis grandes, ás nosas familias, aos mestres, a Filosofía, e a todos os que dende o bo facer e sentir encenden a chispa da ilusión ...