xoves, 23 de xaneiro de 2014

CLUBES DE LECTURA

Hoxe 23 de xaneiro, reunímonos na biblioteca para descubrir o que son os clubes de lectura. Onte apareceu nas clases de 3º, 4º, 5º e 6º unhas invitacións para que hoxe estiveramos na biblioteca despois de comer.
Paulino envióunolas para animarnos a participar nos clubes. Un día á semana cada curso durante 15 minutos participará opinando sobre o libro proposto para a lectura. Estamos consesuando as normas de participación no clube e tamén propostas a facer con todos os membros. Estamos moi motivados...así que ...xa estamos no clube de lectura!

Gracias Paulino !

Ningún comentario:

Publicar un comentario